A Fundación Lilly convoca os Premios de Investigación Biomédica Preclínica e Clínica 2017, para investigadores que contribuísen de forma significativa ao desenvolvemento da Biomedicina e as Ciencias da Saúde en España, e manteñan unha actividade investigadora de recoñecido nivel científico.

Os candidatos deberán ser propostos por persoas ou institucións de ámbito científico biomédico ou das ciencias da saúde, ou polos membros do Consello Asesor da Fundación Lilly.

En ambas as modalidades, o premio consiste nunha contía única e total de 40.000 €.

O prazo para a presentación de candidaturas finaliza no 15 de febreiro de 2017

Achegamos as bases da convocatoria.

Máis información: www.fundacionlilly.com

Para calquera dúbida ou consulta, por favor contacten con Graciela Fernández Arrojo na extensión 292198 ou na seguinte dirección de correo electrónico: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es