Ábrese o prazo para a presentación de proxectos á convocatoria CaixaImpulse 2017, para proxectos innovadores no ámbito da biotecnoloxía ou das ciencias da vida, cuxos resultados poidan transferirse en forma de spin-off ou licenza

CaixaImpulse ofrécelles un programa de acompañamento experto e unha achega económica para a elaboración e execución dun plan de negocio para facer realidade o proxecto:

  • Proporcionar unha axuda de ata 70.000€ para a execución dos plans de valorización aprobados.
  • Garantir o apoio de mentores de referencia provenientes da industria, para definir os mellores plans de valorización e comercialización posibles.
  • Facilitar o contacto con empresas, emprendedores e investidores co fin de contrastar os plans de valorización e comercialización, así como de xerar oportunidades de colaboración e negocio.
  • Facilitar a formación especializada e o acompañamento experto nos ámbitos da xestión de proxectos, a valorización da tecnoloxía, as ferramentas de financiamento e comercialización, e o desenvolvemento de equipos.

O prazo de presentación finaliza: 15/05/2017
Contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono:
981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Máis información: https://www.caixaimpulse.com

Bases