Foi publicada a convocatoria correspondente ao ano 2021 para axudas a proxectos de investigación en Medicina de Precisión Personalizada de Acción Estratéxica en Saúde 2017-2020 polo Instituto de Saúde Carlos III

As prioridades temáticas dos proxectos deberían referirse ás seguintes áreas prioritarias:

  1. Oncoloxía de precisión, definida como o conxunto de enfoques para o diagnóstico e tratamento do cancro que se basean na identificación das características moleculares específicas de cada tumor e a súa interacción cos factores de exposición biolóxica, clínica ou ambiental do paciente.
  2. Farmacoxenética de precisión definida como a identificación de marcadores moleculares que permiten anticipar a resposta aos fármacos tanto no ámbito da eficacia como no da toxicidade, principalmente os de uso masivo ou con impacto vital nas persoas.
  3. Medicina de precisión aplicada a enfermidades infecciosas nas que a identificación de marcadores moleculares do patóxeno e/ou a súa interacción coas características individuais do hóspede humano repercuten na prevención, vixilancia epidemiolóxica, diagnóstico, tratamento ou prognóstico de enfermidades.
  4. Medicina de precisión personalizada aplicada ao diagnóstico e tratamento de enfermidades crónicas nas que a caracterización xenética e molecular e a súa interacción con factores de exposición biolóxica, clínica ou ambiental mostraron un potencial impacto clínico.

Os proxectos de investigación deben:

  • Presentarse como proxectos multicéntricos.
  • O número de grupos participantes deberá distribuírse nun mínimo de 6 comunidades autónomas.
  • Ter unha duración de 4 anos.
  • O IP debe ter actividade clínica ou, na súa falta, xustificar ter capacidade demostrable para que non haxa limitacións para a execución do proxecto.
  • ​​Cada entidade solicitante pode presentar só unha solicitude a cada unha das áreas temáticas

Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981178150
Extensión: 292159
Dirección WEB de interés:

Convocatoria: