O Ministerio de Universidades publicou a convocatoria de Axudas para a Formación de profesorado universitario para o ano 2021.
Obxectivo: formalización de contratos predoutorais nos centros de adscripción cunha duración de catro anos.
Documentación a aportar na primeira fase:
Deberá achegarse, xunto á solicitude electrónica, certificación académica persoal dos estudos realizados, en formato PDF, que acredite os seguintes extremos:
- Os ensinos cursados para a obtención do título de Grao ou de Licenciado, Enxeñeiro ou Arquitecto. En todo caso deberase seguir o indicado no artigo 8 da convocatoria.
- A nota media do expediente académico e, no seu caso, a nota media dos títulos cos que se concorre á convocatoria, cando co primeiro non se alcancen os 240 créditos.
- A acreditación de data de remate de estudos.
Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 22 de novembro ó 17 de decembro ás 14 H (hora peninsular).
Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981178150
Extensión: 292159
Dirección WEB de interese: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/99/998758/ficha/998758-2021.html