Esta convocatoria ten como obxectivo brindar apoio a proxectos de investigación que van máis aló do estado actual da ciencia de calquera temática, liderados por investigadores senior con polo menos 10 anos de experiencia de calquera país do mundo que desenvolvan o traballo nun dos Estados Membros da UE ou dos países asociados.

Nas convocatorias financiaranse proxectos de investigación excelentes e altamente innovadores en calquera área temática do campo das ciencias e liderados por un investigador con polo menos 10 anos de experiencia, xa sexa español ou de calquera país do mundo, que se comprometa a realizar a súa investigación en Europa.

Os proxectos son individuais e poderán ter unha duración de ata 5 anos, e un financiamento de ata 3,5M€, aínda que xeralmente estará limitada a un máximo de 2,5M€.

Contacto: María Barbeito Gómez
Correo: maria.barbeito.gomez@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292153

Resumen de las Bases: