A Fundación Mutua Madrileña publicou unha convocatoria extraordinaria de axudas á investigación sobre COVID-19. Concederán as axudas a investigadores de recoñecida experiencia que presenten proxectos de investigación clínica a desenvolver en Institutos de Investigación Sanitaria (IIS) acreditados.
Os proxectos que se presenten a esta convocatoria deberán ser exclusivamente traballos de investigación clínica, que se desenvolvan en Institutos de Investigación Sanitaria acreditados (IIS).
A axuda ascenderá a un máximo de 100.000 euros e a duración dos proxectos poderá ser de 1 a 3 anos.
O prazo de presentación remata: 30/04/2020
Contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Máis información: https://www.fundacionmutua.es/Ayudas-a-la-Investigacion.html