A Fundación La Caixa lanza a súa convocatoria Health Research 2021 na que se financiarán proxectos de investigación en biomedicina e saúde dentro das seguintes áreas:
- Neurociencias.
- Enfermidades infecciosas.
- Oncoloxía.
- Enfermidades cardiovasculares e metabólicas (enfermidades metabólicas asociadas a riscos ou alteracións cardiovasculares).
- Tecnoloxías facilitadoras da saúde, enfocado a algunha das catro áreas temáticas anteriores, dentro dos seguintes campos tecnolóxicos: micro e nanoelectrónica, ciencias computacionáis, big data, fotónica, nanotecnoloxía, biotecnoloxía, materiais avanzados e sistemas de fabricación avanzada.
As axudas que se concederán serán de dous tipos:
- Individuais: presentadas por unha única organización. Contía máxima de 500.000 €
- Consorcios de investigación: presentadas por un mínimo de dous e un máximo de cinco organizacións de investigación, coordinadas pola solicitante. Contía máxima de 1.000.000 €
A plataforma on-line para o envío de propostas abrirá o 20 de outubro e o prazo finalizará o 3 de decembro.
O prazo de presentación finaliza: 03/12/2020
Xestor Contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Bases da Convocatoria: