O Programa de cooperación cultural, científica e pedagóxica IACOBUS vén de publicar as bases da súa convocatoria IACOBUS ESTANCIAS DE INVESTIGACIÓN 2024-2025, cuxo periodo de presentación de candidaturas é do 25 de novembro ao 23 de decembro de 2024 ás 14:00 h (hora española).
O objectivo principal deste programa é fomentar a cooperación e intercambio entre institucións de ensinanza superiores e centros tecnolóxicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para a posta en común de actividades formativas, investigadoras e divulgativas a través dun sistema de intercambio transfronteirizo de persoal entre as institucións colaboradoras.
Os candidatos deberán reunir as seguintes características:
- Ter contrato/relación investigadora en vigor no período de realización do intercambio e estar en condicións de poder traballar no país no que solicita a estancia.
- Estar en condicións de cumprir os requisitos necesarios para ser beneficiarios dunha axuda no país de orixe.
- Desempeñar as súas funcións nalgunha das entidades identificadas na convocatoria.
- Formular a súa candidatura para unha institución distinta á do seu país de orixe.
- No caso de participantes con contratos de traballo/investigación firmados con outras entidades financiadoras, pero que desenvolvan o seu traballo/investigación nas entidades participantes en IACOBUS, deberán obter confirmación por escrito destas últimas que confirmen a súa elexibilidade para participar no programa IACOBUS.
Estas axudas son incompatibles coas percepcións doutras remuneracións en concepto de gastos de desprazamento, aloxamento ou manutención. As estancias deberán levarse a cabo dende o 1 de marzo ata o 31 de xulio de 2025. Admitirase soamente unha solicitude por candidato.
Cada candidato deberá contactar coa institución de destino onde queira realizar a súa estancia acordando as datas, a duración da estancia e o tema de estudio. O proxecto proposto deberá ser congruente coas prioridades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, recollidas fundamentalmente na RIS3T e no PIC 21-27.
As cartas de aceptación das institucións de orixe e destino son unha condición indispensable para a aceptación da candidatura.
Teléfono: 981176844
Extensión interna: 292176
Enlace Convocatoria: http://iacobus.gnpaect.eu/