Axudas a proxectos de I+D+i “Retos Investigación” correspondentes ao Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade

Obxectivo: Proxectos de investigación que inclúen a investigación orientada así como as súas aplicacións en posteriores fases de desenvolvemento tecnolóxico e experimentación, dirixidos á resolución de problemas vinculados ao grandes oito grandes retos da sociedade incluídos no Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017-2020.

Axudas a proxectos de I+D de Xeración do Coñecemento correspondentes ao Programa Estatal de Xeración de Coñecemento e Fortalecemento Científico e Tecnolóxico do Sistema de I+D+i

Obxectivo: Proxectos de investigación sen orientación temática predefinida, consistentes en traballos experimentais ou teóricos emprendidos co obxectivo primordial de obter resultados que representen un avance significativo do coñecemento.

En ambas as axudas establécense dúas modalidades

  1. Proxectos I+D tipo A: dirixidos por investigadores novos con contribucións científico-técnicas relevantes e innovadoras que non dirixisen proxectos de investigación de convocatorias nacionais
  2. Proxectos I+D tipo B: dirixidos por investigadores cunha traxectoria consolidada

Os investigadores principais que concorran a estas axudas deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

  1. Estar en posesión do grao de doutor.
  2. Ter dedicación única ao proxecto.

A presentación dunha solicitude como investigador principal nesta convocatoria é incompatible, entre outros, coa presentación doutra solicitude como investigador principal ou coa participación como membro do equipo de investigación na convocatoria de Acción Estratéxica en Saúde AES 2018 na modalidade de Proxectos de Investigación en Saúde.

Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
Os interesados deberán contactar coa Fundación antes de : 18/09/2018
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981178150
Extensión: 292159

Bases:

Webs:
http://www.ciencia.gob.es/portal/site/micinn/menuitem. dbc68 b34d11 ccbd5d52 ffeb801432ea0/? vgnextoid=1 c85 ed0682835610 VgnVCM1000001d04140 aRCRD
http://www.ciencia.gob.es/portal/site/micinn/menuitem. dbc68 b34d11 ccbd5d52 ffeb801432ea0/? vgnextoid= fef9e6 f001 f01610 VgnVCM1000001d04140 aRCRD