A Fundación San Rafael da Coruña anuncia a convocatoria da XXIX edición do Premio “Rafael Hervada” á investigación Biomédica 2023.
Tema: Aplicacións da Intelixencia Artificial na medicina de vangarda
Poden participar doutores, graduados e licenciados en Ciencias da Saúde e afíns (médicos, biólogos, bioquímicos, farmacólogos, biofísicos, bioenxeñeiros) nacionais ou estranxeiros.
O ou os candidatos que pretendan participar deberán remitir a súa solicitude, contendo un exemplar do traballo sobre o tema obxecto do premio na presente convocatoria. Os traballos deben ser orixinais, en formato artigo (non se aceptan revisións, capítulos de libro, nin cartas ao editor) ou Teses Doutorais. Os traballos poden estar publicados, en prensa, aceptados, enviados para a súa publicación en calquera revista científica ou en fase de preparación.
Os traballos poden estar escritos en galego, castelán ou inglés.
Documentos que deben presentar os candidatos:
- Carta de presentación do Autor Principal.
- Carta da Institución na que se desenvolveu o Proxecto.
- Carta do director do grupo de investigación no que se desenvolveu o Proxecto.
- Solicitude de Premio segundo modelo de ficha.
- Un exemplar do traballo orixinal nalgún dos formatos que seguidamente se indican.
Envío dos documentos e formatos aceptados para a presentación dos traballos (a extensión do traballo é libre):
- Impresos en papel: envío por correo postal
- Formato dixital .PDF: envío por correo electrónico
- Poden achegarse imaxes fotográficas dixitalizadas ou vídeo.
A remisión das candidaturas, incluíndo os estudos ou traballos científicos ou de investigación, pode facerse por medio de correo postal ou electrónico dirixido ás seguintes direccións:
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Ligazón de Interese: https://fundacionsanrafael.org/premio-rafael-hervada/