Convocatoria conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Consellería de Economía, Industria e Innovación de axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema Universitario Galego.

O procedemento que deberán seguir as persoas interesadas en formalizar unha solicitude na citada convocatoria será:

  1. Acceder ao seguinte enlace facendo clic no botón “Proceder en liña”
    https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN606A
  2. O acceso deberá realizarse mediante certificado dixital ou CHAVE 365
    Os sistemas de identificación admitidos achéganse na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/a-sede/sistemas-de-identificacion-e-sinatura
  3.  Na aplicación deberán identificar os datos persoais requiridos na páxina principal e os datos da Entidade.
  4. Na seguinte pantalla deberán achegar individualmente a seguinte documentación segundo os modelos requiridos:
    • Anexo III. Declaración asinada pola persona candidata.
    • Anexo IV asinado pola persoa designada para dirixir ou codirixir a tese.
    • Anexo V asinado pola Universidade correspondente.
    • Aprobación do proxecto de tese pola Comisión Académica do correspondente programa de doutoramento.
    • Proxecto de traballo de investigación a realizar cunha extensión máxima de 4.000 palabras, asinado polo investigador/a e pola persoa designada para dirixir a tese.
    • Informe sobre a adecuación do proxecto de investigación ás liñas estratéxicas asinado polo/a candidato/a e pola persoa designada para a dirección da tese.
    • Certificado do nivel de coñecemento dunha lingua estranxeira, se é o caso.
    • Acreditación de ter concedida unha bolsa de colaboración nun departamento universitario da Consellería de Educación e Formación Profesional, se é o caso.

Mais información:

  • Cada persoa só poderá ser presentada como candidata por unha entidade, sempre que reúna os requisitos.
  • Nos modelos deberán seleccionarse tanto o código IN606A como a Axencia Galega de Innovación.
  • No caso de optar polas axudas para estadías, deberá indicar na solicitude este aspecto e a zona á que pertence o país de destino da estadía. Se non se indica a zona, considerarase que o candidato non solicita a axuda para estadías.

Xestora de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981178150
Extensión: 292159
Link de acceso:

http://gain.xunta.gal/artigos/531/axudas+apoio+etapa+predoutoral
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN606A

Documentos de Interese:
Convocatoria:
Preguntas frecuentes:
Retos e prioridades RIS3:
Requisitos e Méritos: