O Programa Estratéxico de Consorcios de Investigación Empresarial Nacional (CEN) financia grandes proxectos de investigación industrial e de desenvolvemento experimental, desenvolvidos en colaboración efectiva por agrupacións empresariais e orientados á realización dunha investigación planificada en áreas estratéxicas de futuro e con potencial proxección internacional.
Persegue ademais fomentar a cooperación público-privada no ámbito da I+D polo que require a subcontratación relevante de actividades a organismos de investigación.
As actividades de investigación industrial e de desenvolvemento experimental son as definidas na normativa europea sobre axudas de estado.
Prazo final de presentación de solicitudes: 22 de Xullo do 2016
Xestor de Contacto: Juan Pérez Longueira
E-mail: juan.perez.longueira@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 65
Extensión: 292129
Máis información: http://www.cdti.es/index.asp?MP=7&MS=787&MN=4
Bases: Convocatoria Programa CIEN
Características xerais
Tipo de proxecto:
Proxecto de investigación industrial e desenvolvemento experimental realizado por empresas en consorcio.
As definicións de investigación industrial e desenvolvemento experimental son as recollidas na normativa comunitaria aplicable.
Beneficiarios:
Serán consorcios empresariais, formalizados mediante un acordo privado de colaboración. Todas as empresas integrantes do consorcio terán a consideración de beneficiarias.
Cada consorcio debe estar constituído por un mínimo de tres e un máximo de oito empresas; polo menos dous delas deberán ser autónomas, e polo menos una delas terá consideración de PEME (1).
Cada consorcio identificará a empresa que exercerá de “coordinadora de proxecto”, que deberá ser unha empresa grande ou mediana. A coordinadora do proxecto será a interlocutora do CDTI desde a solicitude da axuda até a aprobación, no seu caso, polo Consello de Administración do Centro; todo iso sen prexuízo de que o CDTI, durante esta fase, poida porse en contacto directo con calquera das empresas que conformen a agrupación.