Sairon publicadas as convocatorias por parte do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades para o desenrolo de proxectos I+D.
- Axudas a proxectos “Retos Investigación” no marco do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada ós Retos da Sociedade
- Obxectivo: Proxectos de investigación que incluen a investigación orientada así como as súas aplicacións en posteriores fases de desarrollo tecnolóxico e experimentación, dirixidos á resolución de problemas vinculados ós oito grandes retos da sociedade incluidos no Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017- 2020.
- Axudas a proxectos de Xeneración do Coñecemento correspondentes ó Programa Estatal de Xeración de Coñecemento e Fortalecemento Científico e Tecnolóxico do Sistema de I+D+i
- Obxectivo: Proxectos de investigación sen orientación temática predefinida, consistentes en traballos experimentais ou teóricos emprendidos co obxectivo primordial de obter resultados que representen un avance significativo do coñecemento.
En ambas axudas se establecen dúas modalidades:
- Proxectos I+D tipo A: dirixidos por investigadores xóvenes con contribucións científico-técnicas relevantes e innovadoras que non dirixisen proxectos de investigación de convocatorias nacionais durante máis dun ano.
- Proxectos I+D tipo B: dirixidos por investigadores cunha traxectoria consolidada.
Os investigadores principais que concorran a estas axudas deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:
- Estar en posesión do grado de doutor en data anterior a 1 de Xaneiro de 2017.
- Ter dedicación única ao proxecto.
- Dispor de vinculación funcionarial, estatutaria ou laboral coa Entidade dende data de peche do plazo de presentación de solicitudes ata o fin de plazo de execución do proxecto.
Plazo Final de presentación : 17/10/2019
Xestor de contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981 17 80 00
Extensión: 292159
Link de acceso a convocatoria y WEB de Interés: http://www.ciencia.gob.es/portal/site/MICINN/menuitem.791459a43fdf738d70fd325001432ea0/?vgnextoid=6ee6cda50b1bb610VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=fae4b9746e160210VgnVCM1000001034e20aRCRD&vgnextfmt=formato2&id3=59e6cda50b1bb610VgnVCM1000001d04140a
Resolución da Convocatoria: