Cosmética activa contra os coronavirus, solucións a largo prazo. 

“CO3”. IN852D 2021/3

Obxectivo:

Co obxectivo de obter novas ferramentas que reduzan as posibilidades de contaxio, preténdese desenvolver unha gama de produtos biocidas con actividade viricida contra os virus con envoltura, entre os que se atopan os coronavirus, a partir de ingredientes naturais.

Avances: 

Na anualidade 2021 traballouse no desenvolvemento acelerado dun produto natural con actividade viricida para o tratamento hixiénico de mans por fricción efectivo contra os coronavirus e outros virus. Para iso traballouse na optimización de procesos biotecnolóxicos de fermentación para a xeración de extractos bioactivos e en estudos da compatibilidade e o comportamento da incorporación destes extractos na formulación de diferentes tipoloxías de produtos antisépticos para a pel sa. Como resultado obtívose un produto destinado ao tratamento de mans por fricción que á concentración do 80%, e mesmo do 50%, e cun tempo de contacto de 30 segundos posúe actividade contra os virus con envoltura, entre os que se atopan os coronavirus (EN 14476:2013). A boa compatibilidade cutánea foi testada baixo control dermatolóxico.

Ao longo do 2022 traballouse na mellora continua e a optimización de procesos e produtos co fin de obter versións melloradas. Traballouse na optimización de procesos de fermentación e extracción para a obtención de extractos con novas propiedades bioactivas así como en procesos de optimización da formulación de bases cosméticas. Como resultado final, obtívose unha loción formulada a partir de ingredientes naturais, de base acuosa, libre de alcol (a diferenza dos xeles hidroalcohólicos), que non necesita aclarado (a diferenza do xabón), que se aplica en forma de bruma, e que ademais de presentar eficacia viricida presenta eficacia reafirmante, antioxidante e antiinflamatoria (propiedades que achegan efectos moi beneficiosos para o coidado da pel).

Na anualidade 2023, unha vez acadados os obxectivos principais do proxecto e pensando en futuros desenvolvementos acelerados que puidesen abrir novas liñas de traballo, decidiuse estudar a propiedade antiviral aínda que as análises realizadas confirmaron a ausencia da devandita propiedade. Tendo en conta os resultados obtidos da analítica de datos e os coñecementos adquiridos sobre diferentes procesos e tecnoloxías estudáronse pautas de comportamento para futuros desenvolvementos acelerados en diferentes campos de aplicación.

Programa Conecta COVID para proyectos de I+D+i relacionados con la COVID-19 que favorezcan la recuperación y la transición digital de las pymes gallegas. Consorcio en colaboración con Iuvenor Lab S.L., Universidade da Coruña, Fundación Profesor Novoa Santos. 

Subvencionado por la Agencia Gallega de Innovación. Cofinanciado con cargo a los fondos Feder. Apoyado por la Vicepresidencia Segunda y la Consellería de Economía, Empresa e Innovación (Xunta de Galicia).

Ligazón ao evento de difusión á finalización do proxecto:

https://youtu.be/LGfWEHHDcv0

Logo de la Unión Europea
Logo de la Agencia gallega de Innovación