COVILED: Sistema de desinfección intelixente para o control da propagación aérea da COVID-19

SARS-CoV-2 é un virus cuxo principal medio de transmisión demostrouse que é a vía aérea, sendo o contaxio a distancia a través de aerosois o máis difícil de controlar. Así pois o aire que respiramos converteuse na principal fonte do problema, o que nos obrigou a mellorar a ventilación dos espazos e ao uso de máscaras en interiores, todas estas medidas orientadas a a redución da carga vírica do aire que respiramos.

Garantir a seguridade nos espazos pechados que compartimos é fundamental para a convivencia e a recuperación dos hábitos sociais que gozabamos antes da pandemia, así como daqueles sectores especialmente afectados, como a sanidade, hostalería, turismo, transporte, cultura ou o comercio, entre outros.

O obxectivo xeral de COVILED é o deseño, desenvolvemento e validación dunha solución tecnolóxica que permita diminuír a incidencia de infeccións causadas polo Sars-CoV-2 que se transmiten por vía aérea. Para iso propoñemos a creación dun sistema integral de desinfección intelixente do aire que circula por os condutos de ventilación mediante o uso de radiación ultravioleta C (UV-C), combinando tecnoloxías fotónicas, IoT e IA. O obxectivo deste sistema é aplicar estratexias de prevención e mitigación de maneira activa, actuando dinámicamente e en tempo real sobre os sistemas de radiación a partir dos datos recibidos de sensores e outras fontes de información.

Para alcanzar este ambicioso obxectivo reunímonos cinco entidades de diferentes sectores e ámbitos do coñecemento: SETGA, fabricante de sistemas de iluminación, INSATI e WG, empresas de base tecnolóxica especializadas en eHealth e IoT, respectivamente, INIBIC, a través do seu órgano xestor, a Fundación Profesor Nóvoa Santos (FPNS), representado neste proxecto polas súas áreas de tecnoloxías da saúde, informática e telemedicina, así como o servizo de microbiología, e a USC, a través dos seus grupos de investigación Photonics4Life (deseño óptico, fabricación de dispositivos de microfluídica e iluminación) e Biotec (microbiología).

AVANCES ANUALIDADE 2021

Durante a anualidade 2021 e de acordo ao cronograma establecido ao comezo de proxecto, concluíronse un total de 6 tarefas correspondentes ás 3 primeiras actividades de proxecto. Os traballos desenvolvidos serviron para sentar as bases do coñecemento clínico e tecnolóxico necesarios para o deseño e desenvolvemento do sistema COVILED. Mostramos algúns dos resultados obtidos:

Estudo estado da arte en tecnoloxías de desinfección mediante radiación UV-C e mecanismos de inactivación de aerosois portadores de Covid-19. Identificación da dose necesaria para inactivar o SARS-CoV-2 e as súas variantes e dependencias con parámetros ambientais (humidade, temperatura, CO2,?). Análise Funcional do Proceso de Desinfección do aire dependendo da localización das luminarias UV-C. Estudo estado da arte plataformas IoT elementos de sensorizaciónDefinición de requisitos para a xestión integral do sistema, analizando as diferentes analíticas e algoritmos requiridos para a aplicación de estratexias de prevención e mitigación activa.

AVANCES ANUALIDADE 2022

Durante a anualidade 2022 e de acordo ao cronograma establecido ao comezo de proxecto, concluíronse un total de 13 tarefas correspondentes ás 3 primeiras actividades do proxecto. Os traballos desenvolvidos han permitido deseñar cada un dos subsistemas de COVILED así como as diferentes interfaces de comunicación entre eles.  Mostramos algúns dos principais resultados obtidos:

Deseño Óptico do dispositivo de Iluminación  e desinfección, con integración de sistemas de comunicación e control. Deseño de prototipo para realizar os ensaios iniciais de valoración así como o desenvolvemento de utillajes para fabricación de serie inicial de prototipos funcionais. Deseño e implantación de rede de sensores e gateways en laboratorio e desenvolvemento de métodos de mostraxe e cuantificación de SARS-CoV-2 en aire. Estudo de risco de transmisión COVID e deseño de patróns de radiación dinámicos, xunto con regras DSS de apoio á toma de decisión e alarmas médicas.

PROXECTO SUBVENCIONADO POLA AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN, COFINANCIADO CON CARGO Aos FONDOS FEDER GALICIA 2014-2020, COMO RESPOSTA DA UNIÓN EUROPEA Á PANDEMIA COVID-19, APOIADO POLA XUNTA DE GALICIA.

Expediente: IN852D 2021/9
Acrónimo de proxecto: COVILED
Título de proxecto: Sistema de desinfección intelixente para o control da propagación aérea da COVID-19
Actividade subvencionada: Desenvolvemento experimental
Ubicación da operación
: VIGO, PONTEVEDRA, SANTIAGO DE COMPOSTELA, A CORUÑA
Orzamento subvencionable
: 517.228,93 €
Importe da subvención
: 445.480,14 €
% FEDER de la axuda
: 100%
Consorcio: 
 INSATI INNOVATION, S.L, WIRELESS GALICIA S.L, SETGA S.L.U, UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, FUNDACION PROFESOR NOVOA SANTOS.
Data de inicio do proxecto
: 01/03/2021
Data finalización do proxecto
: 30/04/2023
Convocatoria: Conecta COVID