Convocatoria europea dirixida a financiar a creación de redes de investigación de carácter innovador e interdisciplinario co fin de fomentar o desenvolvemento científico e tecnolóxico de Europa. Requirirase a formación de consorcio de polo menos cinco países membros de COST ou Estados Cooperantes.

Requisitos:

A convocatoria está aberta a investigadores, en calquera etapa da súa carreira, que traballen en universidades, centros de investigación, grades e medianas empresas ou calquera outra organización pública ou privada pertencente a un país membro de COST. Estes investigadores deben ter unha idea innovadora en calquera campo da ciencia ou a tecnoloxía.

Solicitudes:

Requirirase a formación de consorcio de polo menos cinco países membros de COST ou Estados Cooperante

Poderanse enviar solicitudes para a creación dun novo grupo COST, ou para a participación nun grupo xa formado.

As solicitudes levarán a cabo mediante o https://e-services.cost.eu/user/login/ habilitado para iso, previo rexistro no mesmo

Contía:130.000€/ano

Duración: Máximo catro anos.

Data de límite de presentación: Ata o 7 de decembro de 2016 ás 12:00h

Máis información: http://www.cost.eu/participate/open_call

Criterios de Avaliación:

  • Excelencia (ata 25 puntos).
  • Impacto (ata 20 puntos).
  • Implementación do proxecto (ata 20 puntos).