A Fundación Lilly convoca os Premios Medes nas súas dúas categorías:

  • Premio á mellor iniciativa no fomento do uso do idioma español para a divulgación do coñecemento biomédico.
  • Premio á mellor institución destacada na promoción do idioma español como lingua do coñecemento biomédico.

Cada premio está dotado coa cantidade de 3.000€. O prazo para a presentación de candidaturas finaliza o 7 de outubro.

Así mesmo, a Cátedra de Educación Médica Fundación Lilly-UCM convoca os Premios de Educación Médica:

  • Premio ao mellor proxecto ou traballo de ensino de grao.
  • Premio ao mellor proxecto ou traballo no ensino de posgrao e/ou formación de especialistas.

Cada premio está dotado con 3.000€ e o prazo para a presentación de candidaturas permanecerá aberto até o 6 de novembro.

Máis información: www.fundacionlilly.com
Os interesados poden contactar con Graciela Fernández na extensión 292198 ou no seguinte email: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es