Site icon Fundación Profesor Novoa Santos

O Programa “CaixaImpulse” selecciona o proxecto “Techvacines” do Grupo de Investigación de Microbiología do INIBIC como unha das mellores 20 iniciativas dos Centros de investigación.

A Obra Social “la Caixa” e Caixa Capital Risc puxeron en marcha o programa “CaixaImpulse”. Trátase dunha iniciativa única en España, que naceu co obxectivo de impulsar a transformación do coñecemento científico para transferir os resultados da investigación en biotecnoloxía e ciencias da vida a produtos e/ou empresas que xeren valor na sociedade.

Na selección dos proxectos priorizouse a calidade da ciencia, o potencial de transferencia dos activos e o seu impacto na sociedade.

Máis información:

Fotos do evento

Exit mobile version