Obxectivos
A Fundación ten por obxecto impulsar a investigación, a docencia, a formación, o desenvolvemento científico tecnolóxico no ámbito sanitario e nas Ciencias da Saúde, así como a realización doutras actividades que poidan contribuír á consecución do obxecto fundacional, caracterizado polo interese Xeral Galego.
O detalle dos devanditos obxectivos é o seguinte:
- Fomentar a cooperación da sociedade galega coas institucións sanitarias públicas, na consecución dos
obxectivos fundacionais. - Promover a investigación científica, pondo a disposición dos investigadores os medios e/ou recursos da
Fundación para o desenvolvemento dunha máis alta calidade na prestación dos seus servizos á Comunidade
Galega. - Propor e levar a cabo accións de promoción e dinamización da investigación.
- Favorecer a colaboración entre os distintos equipos de investigación, así como a relación con outros centros
que realicen actividades afíns. - Difundir os resultados das actividades investigadoras e facilitar o coñecemento dos avances científicos e
tecnolóxicos, fomentando así a súa aplicación. - Fomentar a transferencia á sociedade dos resultados de investigación xerados no seu ámbito, a través dunha
adecuada protección e xestión do coñecemento. - Intervir e participar en todos os ámbitos que en xeral estean relacionados con estes obxectivos.