Convocatorias por parte do Ministerio de Ciencia e Innovación para a realización de “Proxectos de xeración de Coñecemento”.

Establécense dúas modalidades:

a) Proxectos I+D tipo A: dirixidos por investigadores xóvenes con contribucións científico-técnicas relevantes e innovadoras que non dirixisen proxectos de investigación de     convocatorias nacionais durante máis dun ano.

b) Proxectos I+D tipo B: dirixidos por investigadores cunha traxectoria consolidada.

Os investigadores principais que concorran a estas axudas deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

  1. Estar en posesión do grao de doutor.
  2. Ter dedicación única ao proxecto.
  3. Dispor de vinculación funcionarial, estatutaria ou laboral coa Entidade dende data de peche do prazo de presentación de solicitudes ata o fin do prazo de execución do proxecto.

O prazo de presentación de solicitudes ante o Ministerio finaliza o 15 de decembro ás 14:00 H.

Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981178150
Extensión: 292159
Convocatoria:,