novembro, 2024
22novDíaAxudas á Investigación AECC 2024(Día: venres)
Detalles do evento
A Asociación Española Contra o Cabcro presentou, esta mañana, as súas Axudas á Investigación AECC 2024 concedidas na provincia da Coruña. No acto, celebrado na sede do Colexio Oficial de
Máis
Detalles do evento
A Asociación Española Contra o Cabcro presentou, esta mañana, as súas Axudas á Investigación AECC 2024 concedidas na provincia da Coruña. No acto, celebrado na sede do Colexio Oficial de Médicos daa Provincia da Coruña, se entregaron os diplomas correspondentes a 12 axudas . Na edición de 2024, as axudas da asociación supondrán unha inversión de máis de 2,25 millóns de euros, que contribuirá a continuar impulsando a investigación oncolóxica na provincia.
Sofía Silva, investigadora do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e oncóloga do Chuac, recibiu a Axuda Clínico Júnior no Territorio AECC —140.000 euros— para estudiar o rol dos macrófagos na resistencia ó tratamento do cancro de pulmón e o seu potencial papel como nova terapia antitumoral. Con iso, quere trasladar á clínica tratamentos innovadores que melloren a vida dos pacientes. Ademáis, Sofía Silva recibiu este ano a Axuda Clínico Formación AECC para realizar un máster dirixido a actualizarse como médica nos últimos avances en oncoloxía e implicarse na investigación.
Neste acto, Rosario Garcia Campelo, responsable do Grupo de Oncoloxía do INIBIC e xefa do Servizo de Oncoloxía do CHUAC, moderou a mesa redonda “achegar a innovación e a investigación clínica aos pacientes” na que participaron, Sonia Martínez, José Tubio e Yolanda Prezado.
Angélica Figueroa, responsable do Grupo de Plasticidade Epitelial y Metástase do INIBIC, moderou a outra mesa redonda que levaba por título “apoio ao talento” na que participaron, Marta Varela, Angel Díaz e Alejandro Failde.
Con estas axudas, a AECC pretende favorecer a estabilidad laboral dos investigadores, fomentar a retención do talento en todas as etapas da carreira investigadora e financiar unha investigación de calidade no cancro, con especial atención a aqueles tumores cunha baixa supervivencia o poco frecuentes.
Fotos do evento | ||
---|---|---|
Hora
Día (Venres)