window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-9JJ3HS8MEW');

setembro, 2017

25setDía29SCIENCE XPRESSION 2017(Día)

Máis

Detalles do evento

A quinta edición de Science Xpression celebrarase na Coruña e Santiago de Compostela do 25 ao 29 de setembro.

A sesión de Conferencias terá lugar o 28 de setembro ás 10.00h no Salón de Actos do CICA (A Coruña). Nesta sesión impartirán charlas investigadores procedentes de centros internacionais e especializados no campo da comunicación celular e a súa implicación no desenvolvemento de enfermidades neurolóxicas, vasculares, cancro, inflamación e rexeneración tisular.

Science Xpression conta co apoio da COST Action EuroCellNET (Horizon2020) e The Company of Biologist entre outras entidades. O programa consiste nunha serie de workshops dirixidos a investigadores senior (sesión de conferencias), predoctorales e postdoctorales.

O obxectivo destas sesións é mellorar as capacidades de comunicación oral e escrita no ámbito científico e en calquera área de investigación.

O workshop (25 – 27 setembro) é de asistencia gratuíta pero é obrigatorio a súa inscrición a través do formulario da web da Fundación Barrié.

A asistencia á sesión de conferencias (28 de setembro) e simposio (29 de setembro) son de asistencia libre. Non se necesita inscrición.

Para máis información ver a seguinte ligazón: http://www.gapjunctionconference2017.com

Concederanse axudas para cubrir os gastos de viaxe daqueles investigadores novos que participen e acrediten asistencia a todas as sesións impartidas na Coruña.

Achégase o programa da xornada:  

 

Información/Contacto: Ma.dolores.mayan.santos@sergas.es

Hora

setembro 25 (Luns) - 29 (Venres)

Localización

A Coruña/Santiago de Compostela

Go to Top