A Axencia Galega de Innovación publicou a convocatoria “Axudas para o fomento da contratación de persoal técnico para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Principia)”.
As solicitudes deberán enmarcarse nos seguintes Retos da Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia):
- Reto 1: Xestión innovadora de recursos naturais e culturais
- Reto 2: Modelo Industrial de Galicia do futuro
- Reto 3: Novo modelo de vida saudábel baseado no envellecemento activo
O persoal contratado con cargo ás devanditas axudas deberá cumprir, entre outras, as seguintes condicións:
- Ser menor de 35 anos no momento de contratación
- Estar en posesión dun título superior, medio ou de formación profesional de grao superior
- Non ter experiencia laboral superior a 36 meses na categoría profesional correspondente á súa titulación
Non ser contratado, nos 6 meses anteriores, pola Entidade Solicitante, no grupo de cotización á Seguridade Social correspondente á súa titulación.
O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación en DOGA.
Cada entidade beneficiaria poderá presentar ata un máximo de 10 solicitudes.
Data publicación DOGA: 22/06/2017
Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981 17 80 00
Extensión: 292159