O Partenariado Europeoa Público-Privado ¨Innovative Health Initiative¨ (IHI) vén de publicar os borradores das súas Convocatorias 9 e 10.
A Convocatoria 9 será unha convocatoria de temática aberta, co requisito de que as propostas se circunscriban a un dos obxectivos de IHI, desenvolvidos na súa Axenda Estratéxica de Investigación e Innovación (SRIA).
Esta convocatoria será nunha única fase, polo que será obrigatorio que no consorcio participe industria que sea membros do IHI (a través de Efpia, COCIR, EuropaBio, MedTech Europe e/o Vaccines Europe) que aporte alomenos o 45% do orzamento total do proxecto como contribución en especie.
Pola súa parte, espérase que a Convocatoria 10 teña 3 temáticas:
- Digital label: one source of comprehensive information for medical technology product
- Safeguarding innovation in secondary use of health data in the European Health Data Space (EHDS)
- Per- and Poly-fluoroalkyl substance (PFAS) exposure, emissions, and end of life management in the healthcare sector
IHI está a organizar un Brokerage Event para a Convocatoria 9, que terá lugar en Bruxelas entre o 12 e o 14 de Novembro de 2024.
A ferramenta online para Networking permanecerá aberta ata o peche da convocatoria.
Correo: portal.ramos.vieiro@sergas.es
Teléfono: 981176844
Extensión interna: 292176