A Fundación “La Caixa” abre a quinta edición da convocatoria CaixaResearch de investigación en saúde que estará aberta ata o 25 de novembro (14:00 h).
Os proxectos presentados deben estar enmarcados nas áreas temáticas seguintes:
- Neurociencias
- Oncoloxía
- Enfermidades cardiovasculares e metabólicas relacionadas
- Enfermidades infecciosas
- Tecnoloxías facilitadoras nas catro áreas temáticas anteriores
As propostas de proxecto han de ter unha duración de ata 3 anos de execución e poden ser:
- Individuais: presentadas por unha única organización de investigación (organización solicitante). Poden recibir axudas dun máximo de 500.000 €.
- En consorcio de investigación: presentadas por un mínimo de 2 e un máximo de 5 organizacións de investigación, coordinadas pola organización solicitante. Poden recibir axudas dun máximo de 1.000.000 €.
Xestor Contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Enlace de Interese: https://fundacionlacaixa.org/es/convocatoria-caixaresearch-investigacion-salud
Bases da Convocatoria: