O Instituto de Saúde Carlos III deu difusión (pendente de publicación en BOE) á convocatoria correspondente ao ano 2019 de Proxectos de Investigación Clínica Independente.
A convocatoria define, entre outros, os seguintes criterios:
- Unicamente poderán ser beneficiarios os Institutos de Investigación Sanitaria Acreditados (IIS acreditado), segundo R.D. 279/2016 e R.D. 339/2004.
- Cada IIS acreditado só poderá presentar un máximo de dous proxectos.
- O IP deberá ter actividade clínico- asistencial ou capacidade demostrable para que, en ausencia da primeira, non exista limitación para a execución do proxecto
- Os investigadores participantes nesta convocatoria non poderán figurar en máis dunha solicitude
- Terán especial protección os proxectos liderados por investigadores con actividade clínico-asistencial nacidos despois do 31 de decembro de 1973.
Os contidos dos proxectos deberán estar referidos ás seguintes áreas temáticas prioritarias:
a) Medicamentos de terapia avanzada, incluíndo terapia celular, terapia génica e enxeñaría tisular.
b) Medicamentos orfos segundo o disposto no Regulamento (CE) 141/2000 e medicamentos de alto interese sanitario «sen interese comercial».
c) Investigación clínica orientada a reducir as resistencias aos antibióticos.
d) Investigación clínica de medicamentos para poboacións especiais, en particular en poboación pediátrica, ou poboacións infra-representadas nos ensaios clínicos comerciais.
e) Investigación clínica, estudos fármaco-epidemiolóxicos e de seguridade clínica de medicamentos autorizados en condicións reais de uso.
f) Investigación clínica e estudos comparativos de medicamentos no ámbito das estratexias de control, con impacto na saúde pública para o SNS.
g) Ensaios clínicos, incluíndo estudos fármaco-xenéticos, encamiñados a determinar poboacións con distinto grao de resposta, en eficacia e/ou seguridade, a fármacos con relevancia clínica e terapéutica na práctica asistencial.
Data publicación BOE: 19/09/2017
Prazo interno presentación de documentación en Fundación para priorización dos proxectos : 19/08/2018
Xestor de contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981 17 80 00
Extensión: 292159
Link de acceso e documentos en modelos normalizados: https://www.isciii.es/quehacemos/financiacion/solicitudes/paginas/default.aspx
Resolución e Formularios: