Modalidades:
– Modalidade A: axudas cofinanciadas parcialmente con FSE destinadas ao apoio á etapa predoctoral para investigadoras e investigadores que desenvolvan un proxecto de investigación en liña cos desafíos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 e que teñan unha persoa designada ou proposta para dirixir ou codirigir a tese, que cumpra os requisitos establecidos nas bases de convocatoria.
– Modalidade B: axudas de carácter xeral de apoio á etapa predoctoral, mediante as cales se garantirá a representación de todas as ramas de coñecemento nesta convocatoria.
Prazo Presentación: Un mes
Duración: Tres anos
Requisitos:
- Nacionalidade dun Estado da UE
- Estar matriculado nun programa oficial de doutoramento dunha Universidade do SUG para o curso 2015/2016
- Data obtención título universitario igual ou posterior a 1 Xaneiro 2012
- Nota expediente académico igual ou superior a 7 (6 para titulacións de Enxeñaría e Arquitectura)
Para ambas as modalidades prevese a posibilidade de realizar estancias de tres meses de duración no estranxeiro que favorezan un avance na formación das investigadoras e dos investigadores e que posibiliten que consigan a mención de doutora ou doutor internacional.
Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981178150
Extensión: 292159
Bases: Axudas Predoctorales