Fundación Mapfre
Os proxectos de investigación que se presenten a esta convocatoria deberán cinguirse ás seguintes áreas:
- Instrumentos de clasificación da dependencia e dos usuarios, para establecer grupos homoxéneos de intervención ou instrumentos innovadores de medición nunha destas áreas: funcional, física ou psico-social.
- Programas de divulgación e concienciación na atención ás persoas maiores, detección de poboación maior de risco ou actuación sobre problemas sanitarios e/ou sociais de risco.
- Programas de promoción do envellecemento activo en especial os que fomenten a vida saudable, participativa e segura das persoas maiores.
- Innovacións tecnolóxicas que favorezan a independencia, control, supervisión, seguridade e garantía da atención á persoa maior.
Data límite para comunicar á Fundación os interesados en participar: 14/10/2016
Data de límite de presentación: 20/10/2016
Contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Máis información: www.fundacionmapfre.org