A Fundación Ramón Areces abre a súa convocatoria 2020 de Axudas á Investigación en Ciencias da Vida e da Materia.
Cada equipo investigador poderá presentar só unha proposta que deberá encadrarse nunha das seguintes áreas:
- Enfermidades raras
- Terapia personalizada, inmunoterapia e cancro
- Infección: alerta precoz, prevención e tratamento
- Envellecemento e enfermidades neurodexenerativas
- Diálogo intercelular e Interactoma: implicacións patolóxicas
- Seguridade alimentaria e biotecnoloxía
- Cambio climático e enerxías renovables
- Novos materiais e aplicacións
A Fundación Ramón Areces terá en conta o apoio preferente, como responsables principais, a investigadores españois mozos que non conten con abundantes recursos para o desenvolvemento das súas investigacións.
A cantidade máxima a solicitar non deberá exceder de 160.000 € para tres anos.
O prazo de presentación remata: 30/06/2020
Contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Máis información: http://www.fundacionareces.es