A Axencia Galega de Innovación publicou a convocatoria “Axudas para o fomento da contratación de persoal técnico para a realización de actividades de I D i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Principia)”. Achégase DOGA.
As solicitudes deberán enmarcarse nos seguintes Retos da Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia)
-. Reto 1: Xestión innovadora de recursos naturais e culturais
-. Reto 2: Modelo Industrial de Galicia do futuro
-. Reto 3: Novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo
O persoal contratado con cargo as devanditas axudas deberán cumprir, entre outras, as seguintes condicións:
-. Ser menor de 35 anos no momento de contratación
-. Estar en posesión dun título superior, medio ou de formación profesional de grado superior.
-. Non ter experiencia laboral superior a 36 meses na categoría profesional correspondente á súa titulación
-. Non ser contratado, nos 6 meses anteriores, pola Entidade Solicitante, no grupo de cotización á Seguridade Social correspondente á súa titulación.
-. A súa contratación non debeu ser subvencionada á Entidade Solicitante nas convocatorias do mesmo programa nos anos 2016, 2017, 2018, 2019 e 2020.
A axuda que percibirán as entidades por cada persoa contratada será de 10.000 €,
Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981178150
Extensión: 292159
Convocatoria: