Esta convocatoria ten como obxectivo conceder subvencións a equipos de investigación estables que traballen na área da biomedicina. Ademais, teranse especialmente en consideración aqueles proxectos que amosen unha clara aplicabilidade da investigación que se propoña.
As axudas están destinadas a proxectos de investigación cunha duración mínima dun ano e máximo de dous. Para os proxectos de dous anos, estes a o finalizar o seu primeiro ano serán reevaluados polo Padroado Reitor da Fundación tras petición expresa polo investigador principal da súa continuidade e presentación dunha memoria especifica que inclúan os avances e logros alcanzados polas investigacións realizadas no proxecto durante o ano primeiro. En ningún caso, a Fundación adquire compromiso coa renovación das bolsas, sendo decisión do Padroado.
A dotación económica dos proxectos non poderá ser superior a 25.000 € por ano solicitado. Na memoria do proxecto incluirase unha estimación económica da axuda solicitada, especificando cada unha das súas partidas (material inventariable ou bens e servizos). A Fundación Eugenio Rodríguez Pascual non financia persoal investigador.
Os interesados deberán contactar coa Fundación antes de : 15/06/2018
Xestor de Contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Máis información: https://www.fundacioneugeniorodriguezpascual.es