A Fundación BBVA publicou unha convocatoria extaordinaria de axudas á investigación nas diferentes facetas do SARS- Cov-2 e a enfermidade Covid 19, primando a investigación de tipo básico, pero sen esquecer algunhas áreas de coñecemento aplicado.
As áreas obxecto desta convocatoria son a Biomedicina, o Big Data e Intelixencia Artificial, a Ecoloxía e Veterinaria, a Economía e Ciencias Sociais e as Humanidades.
A distribución das axudas en cada unha das áreas desta convocatoria e a súa dotación será a seguinte:
- Biomedicina (“ Biomed- COVID-19”): concederanse 4 axudas de ata 250.000 euros brutos cada unha.
- Big Data e Intelixencia Artificial (“Data- IA- COVID-19”): concederanse 4 axudas de ata 150.000 euros brutos cada unha.
- Ecoloxía e Veterinaria (“Eco- Vet- COVID-19”): concederanse 4 axudas de ata 100.000 euros brutos cada unha.
- Economía e Ciencias Sociais (“ Socioecon- COVID-19”): concederanse 4 axudas de ata 100.000 euros brutos cada unha.
- Humanidades (“ Human- COVID-19”): concederanse 4 axudas de ata 75.000 euros brutos cada unha.
Os proxectos presentados terán unha duración máxima de 24 meses desde a firma do documento de aceptación da axuda e regulación das condicións da mesma
O prazo de presentación finaliza: 30/06/2020 ás 19:00 hora peninsular
Contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Máis información: https://www.fbbva.es/ayudas/ayudas-equipos-investigacion-cientifica-2020-covid19/#bases
Modelo Bases das Axudas: