O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte publicou a convocatoria de Axudas para a Formación de profesorado universitario para o ano 2017.
Obxectivo: formalización de contratos predoctorales nos centros de adscrición cunha duración de catro anos
Documentación a achegar na primeira fase:
Deberá achegarse, xunto á solicitude electrónica, certificación académica persoal dos estudos realizados, en formato PDF, que acredite os seguintes extremos:
- Os ensinos cursados para a obtención do título de Grao ou de Licenciado, Enxeñeiro ou Arquitecto. En todo caso deberase seguir o indicado no artigo 8 da convocatoria.
- A nota media do expediente académico e, no seu caso, a nota media conxunta dos títulos cos que se concorre á convocatoria, cando co primeiro non se alcancen os 240 créditos.
- A acreditación de data de terminación de estudos.
As persoas interesadas en formalizar algunha solicitude de participación deberán comunicalo o máis axiña posible á entidade.
O prazo límite para a presentación de solicitudes comprenderá ata o 3 de Febreiro ás 14 H
Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981 17 80 00
Extensión: 292159
Máis información: http://www.mecd.gob.es/servicios-ao-cidadán-mecd/catalogo/xeneral/educacion/998758/ficha/998758-2016.html