Gilead Sciences publicou a súa 11ª convocatoria de bolsas á investigación biomédica nas seguintes áreas: VIH, covid-19, hepatite delta, linfomas non Hodkin de células B e oncoloxía médica (as liñas de investigación admitidas detállanse nas bases).
A dotación da axuda para cada proxecto non poderá exceder os 55.000 euros e o prazo de execución non poderá ser superior aos 24 meses. Nesta convocatoria toda a información ha de ser presentada en inglés.
-Características e categorías dos grupos de investigación:
- Grupos dirixidos por investigadores nados en 1979 ou data posterior, cunha produción científica que permita considerar que posúen potencial para converterse en grupos altamente competitivos, os cales deberán presentar propostas de actuación diferenciadas e innovadoras, que non supoñan unha fractura de grupos preexistentes.
- Grupos habituais (dirixidos por investigadores nados antes de 1979) que deben cumprir coas condicións xerais establecidas nos diferentes apartados, sen ningunha outra de carácter específico.
– Presentación de solicitudes:
As solicitudes para tomar parte na presente Convocatoria haberán de formularse en liña a través da presente web www.BecasGileadInvestigacion.es.Cada investigador principal só poderá presentar unha proposta de Proxecto de Investigación. Poderanse presentar un máximo de dous Proxectos por área terapéutica e centro asistencial sanitario. Entenderase por centro asistencial sanitario aquel a o cal está adscrito o investigador principal do proxecto.
Xestora de Contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Bases da convocatoria:
Máis información: https://becasgileadinvestigacion.es/