O Ministerio de Ciencia e Innovación publicou a convocatoria de “Proxectos de xeración de coñecemento” do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e Innovación 2021-2023.

Requisitos:

  • O/a IP deberá posuír o título de doutor/a e unha relación profesional estable desde a data de peche do prazo de presentación de solicitudes ata a finalización do prazo de execución do proxecto.
  • A duración dos proxectos será, con carácter xeral, de 3 ou 4 anos, segundo xustifique a natureza das actividades descritas na memoria científico-técnica.
  • A data de inicio dos proxectos non pode ser anterior ao 1 de setembro de 2023.

O prazo de presentación de solicitudes ante o Ministerio finaliza o 31 de xaneiro ás 14:00 H.

Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981178150
Extensión: 292159
Enlace WEB da Convocatoria: https://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/proyectos-generacion-conocimiento-2022/convocatoria

 

Convocatoria: