Aberta a convocatoria urxente , Convocatoria 21 de IMI, no contexto da epidemia de Coronavirus
Identificador Convocatoria: H2020-JTI-IMI2-2020-21-single-stage
Tipo de acción: Research and Innovation Action (RIA)
Publicación: 3 de marzo 2020
Peche: 31 de marzo 2020
Orzamento: 45 M€ de financiamento público. A contribución de EFPIA e membros asociados de IMI, determinarase en función das propostas seleccionadas.
Trátase dunha convocatoria dunha soa fase, cun único topic:
- Desenvolvemento de terapias e diagnósticos para combater as infeccións por coronavirus.
Alcance: Tendo en conta que este é un virus recentemente identificado, o alcance deste tema segue sendo amplo e debe abordar polo menos un dos seguintes obxetivos:
- desenvolvemento de antivirais, así como outro tipo de terapias para abordar unha resposta rápida ao brote actual de COVID-19;
- desenvolvemento de terapias para abordar os brotes actuais e / ou futuros de coronavirus;
- desenvolvemento de diagnósticos, asegurando unha avaliación rápida de candidatos baseada en tecnoloxías existentes;
- desenvolvemento de ferramentas rápidas e confiables que van máis aló do estado da técnica para a detección de portadores de COVID-19 e persoas sintomáticas sospeitosas de infección por COVID-19.
As vacinas preventivas están especificamente excluídas do alcance da convocatoria!!
Xestor de Contacto: María Barbeito Gómez
Correo: maria.barbeito.gomez@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292153
Enlace da Convocatoria: https://www.imi.europa.eu/apply-funding/open-calls/imi2-call-21
Documento de Questions and Answers