Os Contratos de “Investigación Avanzada Joan Rodés-Josep Baselga” que convocan a Fundación BBVA e o Hospital Clínic Barcelona están destinados a especialistas das Ciencias da Saúde, con experiencia en investigación, que desexen profundar a súa especialización científica mediante o desenvolvemento dun proxecto específico relacionado coas liñas estratéxicas de investigación do Campus Clínic.

Concederanse dous contratos de investigación de 3 anos de duración. Cada contrato de investigación estará dotado cun importe de 300.000 euros para os tres anos e conlevará a estancia dun tempo mínimo de 6 meses nun ou varios centros de prestixio internacional, preferentemente no estranxeiro.

Os solicitantes serán persoas físicas de nacionalidade española con independencia do seu lugar de residencia ou nacionais doutros países cunha residencia en España estable ou de longa duración. Deberán estar en posesión do título de doutor, ter unha idade inferior a 45 anos.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 20 de decembro de 2023 a o 20 de febreiro de 2024, á 18.00 h, hora peninsular española.

Xestora de Contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198