A Fundación “la Caixa” publica as bases da súa convocatoria “CaixaImpulse Health innovation Call” que axuda a transferir o coñecemento científico á sociedade e fomenta a creación de produtos, servizos e empresas relacionados con ciencias da vida. Presta apoio a proxectos biomédicos innovadores  con obxecto de achegalos ao mercado.

As propostas poden enviarse dirixidas a unha das tres fases do programa, cada unha dotada dun importe económico diferente (ata 50.000 € para a fase 1, ata 150.000 € para a fase 2 e ata 500.000 € para a fase 3).

 

Xestora de Contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Convocatoria: