Axudas a proxectos de I+D+i correspondentes ao Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016.

Obxectivo: Proxectos de investigación consistentes en traballos experimentais ou teóricos que, polas súas características e finalidade, estean orientados á procura de solucións científico-técnicas que permitan resolver os problemas expostos nos retos da sociedade, independentemente do carácter básico ou máis aplicado da metodoloxía e resultados que se obteñan

Axudas a proxectos de I+D do Subprograma Estatal de Xeración de Coñecemento, incluído no Programa Estatal de Fomento da Investigación Científica e Técnica de Excelencia no marco do Plan Estatal de I+D+i.

Obxectivo: Proxectos de investigación sen orientación temática predefinida consistentes en traballos experimentais ou teóricos emprendidos co obxectivo primordial de obter resultados que representen un avance significativo do coñecemento.

En ambas as axudas establécense dúas modalidades:

  • Proxectos I+D tipo A: dirixidos por investigadores novos con contribucións científico-técnicas relevantes e innovadoras que non dirixisen proxectos de investigación de convocatorias do Plan Estatal de I+D+i 2013-2016 ou do Plan Nacional de I+D+i 2008-2011
  • Proxectos I+D tipo B: modalidade xeral

Os investigadores principais que concorran a estas axudas deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

  1. Estar en posesión do grao de doutor.
  2. Ter dedicación única ao proxecto.

A presentación dunha solicitude como investigador principal nesta convocatoria é incompatible, entre outros, coa presentación doutra solicitude como investigador principal ou coa participación como membro do equipo de investigación na convocatoria de Acción Estratéxica en Saúde AES 2017 na modalidade de Proxectos de Investigación en Saúde.

Debido a que as solicitudes han de presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos establécense os seguintes prazos de presentación ante a Fundación Profesor Novoa Santos, dependendo da área temática de xestión que se seleccione para a avaliación do proxecto:

  1. Desde o 19 de xuño ata o 4 de xullo de 2017 as solicitudes que correspondan ás áreas temáticas de xestión correspondentes a Humanidades e Ciencias Sociais.
  2. Desde o 20 de xuño ata o 5 de xullo de 2017 as solicitudes que correspondan ás áreas temáticas de xestión correspondentes a Ciencias da Vida e Agroalimentación.
  3. Desde o 21 de xuño ata o 6 de xullo de 2017 as solicitudes que correspondan ás áreas temáticas de xestión correspondentes a Medio e Recursos Naturais.
  4. Desde o 22 de xuño ata o 10 de xullo de 2017 as solicitudes que correspondan ás áreas temáticas de xestión correspondentes a Tecnoloxías da Produción e as Comunicacións.

Achéganse direccións web de interese

http://www.idi.mineco.gob.es/portal/site/MICINN/menuitem.dbc68b34d11ccbd5d52ffeb801432ea0/?vgnextoid=3aa4eab6cc08b510VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=7b765656ecfee310VgnVCM1000001d04140aRCRD

http://www.idi.mineco.gob.es/portal/site/micinn/menuitem.dbc68b34d11ccbd5d52ffeb801432ea0/?vgnextoid=b460bc05f418b510VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=33f85656ecfee310VgnVCM1000001d04140aRCRD

Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono:
981178150
Extensión: 292159

Bases:  CONVOCATORIA 2017 PROYECTOS ID RETOSCONVOCATORIA 2017 PROYECTOS IDI EXCELENCIA