A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publicou a convocatoria “Programa Investigo”.
Requisitos:
- Dirixido á contratación de persoas maiores de 16 anos e menores de 30 anos no momento de inicio da relación contractual.
-
Os mozos que desempeñasen calquera tipo de posto de investigación nos 6 meses inmediatamente anteriores á data de solicitude na mesma entidade non poderán ser contratados.
-
O período subvencionado será de 12 meses.
-
As subvencións á contratación destinaranse ao financiamento dos custos laborais e salariais, incluídas as cotizacións á Seguridade Social.
-
Os contratos formalizaranse na modalidade de contratos en prácticas cunha duración máxima de 12 meses a xornada completa.
-
A súa actividade estará dirixida ao desenvolvemento e posta en marcha de iniciativas de investigación e innovación, necesariamente en ocupacións referidas a transición ecolóxica, a economía verde (enerxías renovables, eficiencia enerxética, tratamento de augas e residuos e a industria agroalimentaria), a dixitalización de servizos, enxeñaría de datos e data science así como outras tarefas no marco da Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 2021-2027.
-
Os contratos obxecto de subvención non contemplan postos de carácter estrutural ou que se atopen dentro das relacións de postos de traballo, persoal ou outra forma de organización dos recursos humanos, que estean contemplados nas distintas administracións públicas e sexan orzamentados.
-
A convocatoria require que o persoal sexa seleccionado en función dos seguintes criterios:
-
Maior adecuación entre a formación académica do mozo en relación co programa de investigación que se vai realizar.
-
Contar con estudos específicos relacionados coa materia a desenvolver, mestrados, graos e/ou calquera outro, que lles aporten habilidades e competencias para desenvolver o programa de investigación.
-
A avaliación do currículo e dos candidatos deberá realizarse mediante un currículo cego, garantindo o principio de non discriminación sen motivo.
-
Unicamente se podería presentar unha solicitude conxunta por cada unha das Entidades que poidan ser beneficiarias, e que ésta únicamente pode contemplar un máximo de 6 contratos, dos que como mínimo o 30% deben corresponder de manera obrigatoria a perfiles relacionados coa economía circular ou emprego verde.
Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981178150
Extensión: 292159
Enlace WEB da Convocatoria: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR349V&ano=2023&numpub=1&lang=es