A Axencia Galega de Innovación publicou a convocatoria “Axudas para o fomento da contratación de persoal técnico para a realización de actividades de I D i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Principia)”.
As solicitudes deberán enmarcarse nos seguintes Retos da Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia)
- Reto 1: Xestión innovadora de recursos naturais e culturais
- Reto 2: Modelo Industrial de Galicia do futuro
- Reto 3: Novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo
O persoal contratado con cargo as devanditas axudas deberán cumprir, entre outras, as seguintes condicións:
- Ser menor de 35 anos no momento de contratación
- Estar en posesión dun título superior, medio ou de formación profesional de grado superior.
- Non ter experiencia laboral superior a 36 meses na categoría profesional correspondente á súa titulación
- Non ser contratado, nos 6 meses anteriores, pola Entidade Solicitante, no grupo de cotización á Seguridade Social correspondente á súa titulación.
- A súa contratación non debeu ser subvencionada á Entidade Solicitante nas convocatorias do mesmo programa nos anos 2016, 2017 e 2018
A axuda que percibirán as entidades por cada persoa contratada será de 10.000 €, sendo a diferenza entre esta e o custo mínimo exixible asumida por parte do Grupo de Investigación solicitante.
O prazo de presentación será de tres meses contados a partir do día seguinte á publicación en DOGA.
As persoas interesadas en formalizar algunha solicitude de participación deberán comunicalo o máis axiña posible á entidade dado que existe un número máximo de solicitudes que poderán ser presentadas (5 solicitudes por entidade beneficiaria).
Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-Mail: Pilar.Cal.Purrinos@sergas.es
Teléfono: 981178150
Extensión: 292159