O Instituto de Saúde Carlos III publicou unha convocatoria urxente de expresións de interese para o financiamento extraordinario de proxectos de investigación sobre SARS- COV-2 e a enfermidade CoVid-19.

O obxectivo radica en recibir propostas en formato de expresión de interese que promovan o coñecemento sobre o SARS- CoV-2 e a enfermidade CoVid19 así como o seu impacto nas persoas infectadas, e contribúan a un tratamento eficiente do paciente e/ou preparación e resposta de saúde pública. As propostas deben ser adecuadas á situación de urxencia e, por tanto, que permitan unha implementación e posta en marcha inmediata no Sistema Nacional de Saúde, con resultados concretos, temperáns e aplicables á situación actual.

Estas propostas poden partir de actividades existentes actualmente.

O alcance destas propostas poderá ser:

a) Técnicas de diagnóstico virológico rápido do COVID-19, escalables industrialmente e aplicables á asistencia sanitaria, con orientación prioritaria cara ao diagnóstico dos estadios precoces da infección en humanos e que permitan predicir gravidade con fins de estratificación asistencial.

b) Caracterización clínica-biolóxica-molecular da enfermidade COVID-19, estadios, estratificación pronóstica e complicacións.

c) Desenvolvemento de terapias innovadoras, novas moléculas antivirais, antisépticos e desinfectantes fronte ao SARS- CoV-2. Estudos de resistencia antiviral. Efectividade de intervencións non farmacolóxicas, profilácticas e terapéuticas.

d) Caracterización do virus SARS- CoV-2, coñecemento da variación xenética e antigénica do SARS- CoV-2 así como da resposta inmunológica ao virus SARS- CoV-2 e da interacción virus-hóspede.

e) Desenvolvemento de vacinas, eficacia e aplicabilidade.

f) Vixilancia epidemiolóxica do COVID-19 e epidemiología molecular: incidencia da mortalidade e morbilidad. Factores ambientais e sociais da propagación. Factores de risco e dinámica poboacional da infección polo SARS- CoV-2.

g) Impacto socio-económico do COVID-19. Utilización de recursos de atención primaria, recursos hospitalarios xenerais, e recursos de coidados críticos.

h) Intelixencia artificial e análise masiva de datos integrados orientados ao control epidemiolóxico da enfermidade COVID-19.

Os solicitantes deben ter en conta que as propostas financiadas baixo esta expresión de interese deberán aterse ás disposicións legais e regulamentarias vixentes e ás que os modifiquen ou desenvolvan, ao establecido na resolución de concesión correspondente sen prexuízo das medidas adicionais que se poidan incorporar co fin de garantir a execución precoz dos proxectos, acceso aberto a datos e a obtención de resultados útiles para a loita inmediata fronte a esta enfermidade.

Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981178150
Extensión: 292159
Link de acceso, resolución de convocatoria e modelo: (https://www.isciii.es/Paginas/Inicio.aspx)

Modelo:, Procedemento: