O Partenariado Europeo ¨Fostering an European Research Area for Health¨ (ERA4Health) vén de realizar o preanuncio da súa próxima convocatoria ¨Fostering Pragmatic Comparative-Effectiveness Trials in Non-communicable Diseases¨ (EffecTrial).
Os obxectivos desta convocatoria son o apoio aos estudios clínicos iniciados por investigadores de varios países, aleatorizados, intervencionistas e pragmáticos de eficacia comparativa e, fomentar e permitir a colaboración transnacional entre equipos de investigación clínica e de saúde pública dos países/rexións participantes.
As propostas presentadas terán necesariamente que abordar tódolos seguintes puntos:
- Ser estudios clínicos pragmáticos de eficacia comparativa, deseñados como ensaios intervencionistas aleatorios.
- Comparar o uso das intervencións sanitarias actualmente aprobadas entre sí ou, co estándar de atención actual.
- Considerar intervencións de atención médica que poderían incluir, entre outras: intervencións de diagnóstico, detección, prevención e tratamento. As intervencións poderán ser tanto farmacolóxicas coma non farmacolóxicas, tales como nutrición e/ou estilo de vida, ciruxía, métodos de pronóstico, uso de dispositivos médicos, e-Saúde e intervencións dixitais e outras intervencións sanitarias.
- Estas intervencións deberán ter unha gran relevancia pública vencellada alo menos a unha das seguintes enfermidades ou afeccións:
- Enfermidades cardiovasculares;
- Trastornos metabólicos;
- Enfermidades relacionadas coa nutrición e o estilo de vida;
- Enfermidades respiratorias non transmisibles.
A evaluación realizarase en dúas fases, pechando a primeira fase de pre-proposta o 28 de xaneiro de 2025.
Para aquelas propostas que pasen á segunda fase (proposta completa), realizarase ademáis unha entrevista online ao coordinador e a un representante do promotor.
ERA4Health está a organizar un Webminario sobre a convocatoria para o 27 de novembro de 2024.
Teléfono: 981176844
Extensión interna: 292176