A Fundación Pfizer, fiel ao seu compromiso coa saúde, a calidade de vida da poboación española e a innovación, abriu a XIII Convocatoria de Premios de Compromiso Social.

Este ano establécense como novidade 4 categorías diferentes:

  •  Programas de responsabilidade social realizados por institucións ou organizacións formadas por equipos de profesionais sanitarios (clínicos, enfermaría, etc.) que contribúan a mellorar a calidade de vida de nenos hospitalizados en España e persoas desfavorecidas.
  •  Programas de organizacións que dean apoio a familias con fillos en situacións especiais, enfermidades pouco frecuentes, a través das accións de apoio e respiro familiar, así como de sensibilización e divulgación, que axuden a facilitar un maior coñecemento destas situacións e enfermidades.
  •  Programas realizados por voluntarios que favorezan un envellecemento saudable e que contribúan ao mantemento das capacidades, autonomía, habilidades físicas e cognitivas, para previr as situacións de dependencia.
  • Programas de voluntariado e convivencia intergeneracional entre mozas e maiores,que axuden á aprendizaxe conxunta e potencien a capacidade de creación.

A dotación económica  de cada premio é de 5.000 € para cada unha das categorías establecidas.

Para máis información,  poden consultar  as bases  da convocatoria  en www.fundacionpfizer.org/basescompromiso2015

Os participantes poderán enviar os seus proxectos ata o  14 de maio de 2015, inclusive, a través do formulario que atoparán na web da Fundación Pfizer www.fundacionpfizer.org/formulariocompromiso2015