A Real Academia de Medicina de Galicia convoca para este ano 2023 os seguintes premios:

PREMIO DA FUNDACIÓN BARRIÉ “Excmo. Sr. D. Pedro Barrié de la Maza”. Ao mellor traballo en ciencias médicas de aplicación clínica, publicado nunha revista internacional recollida no Journal of Citations Reports e publicado en calquera día dos dous anos anteriores a esta convocatoria (desde o 1 de xaneiro de 2021 ao 31 de decembro de 2022). O premiado terá o nomeamento de Académico/a Correspondente e unha dotación económica de 10.000 euros.

PREMIO FUNDACIÓN CENTRO ONCOLÓXICO DE GALICIA “José Antonio Quiroga e Piñeyro”. A un traballo de tema libre de Investigación Oncolóxica Clínica, publicado nunha revista científica, e publicado en calquera día dos dous anos anteriores a esta convocatoria (desde o 1 de xaneiro de 2021 ao 31 de decembro de 2022). Terá unha dotación económica de 9.000 euros.

PREMIO PREVISIÓN SANITARIA NACIONAL (PSN), a un traballo inédito sobre “Humanidade e Exercicio Profesional” (aspectos humanísticos da profesión médica tanto desde o punto de vista científico como na actividade clínica) cunha dotación económica de 3.000 euros.

Os traballos deben ser remitidos á Secretaría da Real Academia de Medicina de Galicia, por correo certificado, segundo as bases da convocatoria, á dirección: C/ Durán Loriga, 10. 15003 A Coruña ou por e-mail á dirección ramycga@ramycga.org, antes do 31 de outubro de 2023, data na que quedará pechada a admisión.

 A data límite para o envío de traballos á Real Academia é o 31 de outubro de 2023.

Xestora de Contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Ligazón WEB: https://www.ramycga.org/premios-convocados_cb8139.html