window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-9JJ3HS8MEW');

xullo, 2023

17xulDía192nd Cellular Aging and Metabolism Symposium 2023” (CAMS2023)(Día)

Máis

Detalles do evento

Aberta a inscrición para o “2nd Cellular Aging and Metabolism Symposium 2023” (CAMS2023), que se celebrará na Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña na Coruña os días 17-19 de Xullo de 2023.

O obxectivo deste Simposio é reunir investigadores locais españois e invitados internacionais que traballan no campo do envellecemento celular, metabolismo celular, senescencia celular e enfermidades asociadas a nivel molecular e celular, co fin de coñecer a investigación que se está levando noutros grupos. Tamén pretende fomentar a interacción e comunicación entre os diferentes colectivos participantes, co fin de incentivar posibles colaboracións futuras. O idioma oficial do evento será o inglés.

A reunión tamén incluirá conferencias maxistrais, pósteres e flash talk dos participantes. Para máis detalles achegamos o cartel anunciador e o programa máis adiante.

Toda a información actualizada podédela consultar na web: www.cams2023.net

Ademais, disponse de 5 axudas de viaxe para asistir ao CAMS2023 financiados pola SEBBM ás que podedes concorrer.

A información sobre as axudas de viaxe atópase no link: https://sebbm.es/ayudas-y-subvenciones/

Para calquera dúbida ou información adicional podedes contactar co Comité Organizador de o CAMS2023: contact@cams2023.net

Hora

xullo 17 (Luns) - 19 (Mércores)

Localización

Facultad de Fisioterapia de la Universidade da Coruña

Go to Top