febreiro, 2023
07febDíaA AECC visita as novas instalacións de Investigación Clínica da área Sanitaria(Día: martes)
Detalles do evento
O presidente da Asociación contra o Cancro da Coruña, Manuel Aguilar, acompañado de membros da Xunta Provincial visitaron as instalacións da nova Unidade de Fase I de Ensaios Clínicos acompañados
Máis
Detalles do evento
O presidente da Asociación contra o Cancro da Coruña, Manuel Aguilar, acompañado de membros da Xunta Provincial visitaron as instalacións da nova Unidade de Fase I de Ensaios Clínicos acompañados pola Dra. Rosario García Campelo, responsable do Grupo de Investigación de Oncoloxía do INIBIC e Xefa de Servizo de Oncoloxía da área Sanitaria da Coruña e CEE.
A nova Unidade conta con persoal altamente cualificado para poder ofrecer os tratamentos máis novos nunhas instalacións multidisciplinares e adaptadas, favorecendo unha atención confortable e de calidade ao paciente.
As instalacións da Unidade sitúanse na cuarta planta do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera (Área Sanitaria da Coruña e Cee). O espazo sobre o que realizaron as actuacións de adecuación, ocupa unha extensión de 320 metros cadrados e inclúe zona de recepción propia, sala de espera, sala de descanso para pacientes e familiares, hospital de día, zona de coordinación e monitorización, e laboratorio.
Fotos del evento | ||||
---|---|---|---|---|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Hora
Día (Martes)