window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-9JJ3HS8MEW');

maio, 2023

06mai11:00 am7:00 pmDía da ciencia na rúa11:00 am - 7:00 pm

Máis

Detalles do evento

Cartel 'Día da ciencia na Rúa'O parque de Santa Margarita acolle o sábado 6 de maio de 11.00 h a 19.00 h o XXVII Día da Ciencia na Rúa, que volverá encher de bulicio científico a cidade da Coruña. A festa ten como protagonistas principais ao alumnado e profesorado de centros educativos de diversas localidades galegas que traen con entusiasmo actividades e experiencias que prepararon durante meses para convidar á cidadanía para descubrir, aprender e xogar coa ciencia e a tecnoloxía. Xiroscopios xigantes; análise de graxas nos alimentos; ilusións ópticas; hotel de insectos; electricidade con patacas; proxectos de xardinería, de robótica e de domótica; xogos matemáticos; experiencias para ver como de rápido funcionan as neuronas; ou extracción de ADN dun plátano son só algunhas das moitas actividades que traen 49 centros educativos da Coruña, Betanzos, Culleredo, Ribadeo, Cambre, Carral, Coristanco, Ortigueira, Arteixo, Miño, Arzúa, Pontedeume, As Pontes, Outes, Zas, Poio, Oleiros e Cerceda.

Tamén participan coas súas achegas divulgativas numerosas entidades e institucións vinculadas a actividade científica. A Facultade de Ciencias e a Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña, o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA), a Cátedra Emalcsa-UDC, o Centro Oceanográfico da Coruña, o Instituto de Investigacións Biomédicas da Coruña (INIBIC), o Servizo Municipal de Educación da Coruña, a asociación Luzada da USC ou a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

Noticia de prensa: PDF Plano Día da Ciencia na rúa Plano do evento: PDF Plano Día da Ciencia na rúa

 

Fotos do evento

 

 

 

Hora

(Sábado) 11:00 am - 7:00 pm

Localización

Parque Santa Margarita

Go to Top