Convocatoria do Programa Talento Sénior da Axencia Galega de Innovación dirixida ás empresas e organismos de investigación non universitarios en Galicia, destinadas ao fomento da contratación durante un período mínimo de 3 anos de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.

Este programa ten entre os seus obxectivos a atracción e retorno de investigadores doutores ou profesionais de alta cualificación con máis de 5 anos de experiencia profesional para desenvolver a súa carreira profesional en empresas e centros de investigación

 

Características da Convocatoria:

  • A Axencia Galega de Innovación unicamente cofinanciará entre un 40% – 60% a contratación do persoal en función da retribución bruta e tipo de entidade
  • Cada entidade poderá solicitar a axuda para ata un máximo de 2 contratos
  • Que se precisará unha puntuación mínima de 120 puntos sobre o total de 200 puntos para obter a «excelencia na proposta» e poder optar á axuda á contratación do persoal de alta cualificación.
  • Debido a limitación de plazas por Centro Solicitante, tod@s aquel@s interesad@s en presentar candidat@s o identifiquen como data límite o 5 de Xullo de 2019

Direccions WEB de Interés:

Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981178150
Extensión: 292159

DOGA: