O Partenariado Europeoa Público-Privado ¨Innovative Health Initiative¨ (IHI) vén de publicar os borradores das súas Convocatorias 9 e 10. 

Convocatoria 9 será unha convocatoria de temática aberta, co requisito de que as propostas se circunscriban a un dos obxectivos de IHI, desenvolvidos na súa Axenda Estratéxica de Investigación e Innovación (SRIA)

Esta convocatoria será nunha única fase, polo que será obrigatorio que no consorcio participe industria que sea membros do IHI (a través de Efpia, COCIR, EuropaBio, MedTech Europe e/o Vaccines Europe) que aporte alomenos o 45% do orzamento total do proxecto como contribución en especie. 

Pola súa parte, espérase que a Convocatoria 10 teña 3 temáticas: 

Esta convocatoria será de dúas fases, polo que o consorcio que se presente á primeira fase (proposta curta) non precisa incluir á industria membro de IHI. No caso de que a proposta pase á segunda fase, a industria preidentificada por IHI unirase ao consorcio para preparar conxuntamente a proposta completa. 

IHI está a organizar un Brokerage Event para a Convocatoria 9, que terá lugar en Bruxelas entre o 12 e o 14 de Novembro de 2024. 

A ferramenta online para Networking permanecerá aberta ata o peche da convocatoria. 

Xestora de Contacto: Portal Ramos Vieiro
Correo: portal.ramos.vieiro@sergas.es
Teléfono: 981176844
Extensión interna: 292176